Axuda do Collabora Office 24.04
Utilice esta barra para introducir fórmulas.
Mostra a referencia da cela actual, o intervalo das celas seleccionadas ou o nome da área. Tamén pode seleccionar un intervalo de celas e despois introducir un nome para ese intervalo na caixa de nome.
Abre o Asistente de funcións, que axuda a crear fórmulas interactivamente.
Insira unha función dun intervalo de celas na cela actual. A función pode ser Suma, Media, Mínimo, Máximo e Conta. Prema nunha cela, prema nesta icona, seleccione a función na lista despregábel e, opcionalmente, axuste o intervalo de celas. Ou seleccione algunhas celas nas que desexe inserir o valor da función e a seguir prema na icona. O resultado da función engádese por debaixo do intervalo.
Engade unha fórmula á cela actual. Prema nesta icona e introduza a fórmula na Liña de entrada.
Introduza a fórmula que desexa agregar á cela actual. Tamén pode premer na icona Asistente de funcións para inserir unha función predefinida na fórmula.