Nomear celas
Nomes permitidos
Os nomes no Calc poden conter letras, caracteres numéricos e o guión baixo. Os nomes deben comezar cunha letra ou co guión baixo.
Caracteres especiais permitidos:
-
guión baixo (_)
Os nomes non poden ser os mesmos que as referencias das celas. Por exemplo, o nome A1 non é válido porque A1 é unha referencia de cela á cela superior esquerda.
Os nomes non poden comezar coas letrs C ou R seguidas dun número; tampouco se permiten os caracteres C e R sós. Vexa a función ENDEREZO para máis información.
Os nomes dos intervalos de celas non poden incluír espazos. Os espazos si están permitidos nos nomes das follas e dos documentos.
Nomear celas e fórmulas
Unha boa forma de facer que as referencias a celas e intervalos de celas nas fórmulas sexan lexíbeis é darlles nomes aos intervalos. Por exemplo, pode nomear o intervalo A1:B2 Inicio. Así pode escribir unha fórmula como «=SUMA(Inicio)». Mesmo após inserir ou eliminar filas ou columnas, o Collabora Office asigna correctamente os intervalos identificados polo nome. Os nomes dos intervalos non poden conter espazos.
Por exemplo, é moito máis doado ler unha fórmula para un imposto sobre vendas se se pode escribir «=Contía * Imposto» no canto de «=A5 * B12». Neste caso, a cela A5 chamaríase «Contía» e a cela B12 «Imposto».
Empregue a caixa de diálogo Definir nomes para definir nomes para as fórmulas ou partes das fórmulas que utilice con máis frecuencia. Para especificar os nomes dos intervalos,
-
Seleccione unha cela ou intervalo de celas e escolla Folla - Intervalos e expresións nomeados - Definir. Aparece a caixa de diálogo Definir nomes.
-
Escriba o nome da área seleccionada no campo Nome. Prema Engadir. O novo nome definido aparece na lista de embaixo. Prema Aceptar para pechar a caixa de diálogo.
Tamén pode darlle nome a outros intervalos de cela nesta caixa de diálogo introducindo o nome no campo e seleccionando despois as celas correspondentes.
Se escribe o nome nunha fórmula, así que comece a escribir os primeiros caracteres verá o nome enteiro como suxestión.
-
Prema a tecla Intro para aceptar o nome suxerido.
-
Se máis dun nome comeza cos mesmos caracteres pode examinar todos os nomes empregando as teclas OrdeCtrl + Tab e para atrás empregando as teclas Maiús + OrdeCtrl + Tab.