Validación do contido das celas
Para cada cela pódense definir que entradas son válidas. As entradas non válidas para unha cela serán rexeitadas.
A regra de validación actívase ao introducir un valor novo. A regra de validación non se aplica se xa houbese un valor non válido introducido nunha cela ou se se insire un valor na cela arrastrando e soltando ou copiando e pegando.
Pode escoller Ferramentas - Detective en calquera momento e escoller a orde Marcar datos non válidos para mostrar que celas conteñen valores non válidos.
Empregar a validación do contido das celas
-
Seleccione as celas para as que desexe definir unha regra de validación nova.
-
Escolla .
-
Na lapela Criterios introduza as condicións para os novos valores que se introduzan nas celas.
-
No campo Permitir escolla unha opción.
-
Se escolle «Números enteiros» non se permite valores como «12,5». Escoller «Data» permite información sobre datas tanto no formato de datas locais como na forma dunha data serial. Do mesmo xeito, a condición «Hora» permite valores horarios como «12:00» ou números seriais de hora. «Largura do texto» estipula que as celas só poden conter texto.
Seleccione «Lista» para introducir unha lista de entradas válidas.
-
Seleccione a seguinte condición en Datos. Segundo o que escolla terá opcións adicionais.
Unha vez determinadas as condicións de validación da cela pode empregar as outras dúas lapelas para crear caixas de mensaxe:
-
Na lapela Axuda coa introdución introduza o título e o texto da suxestión, que será o que se mostre ao seleccionar a cela.
-
Na lapela Alerta de erro seleccione a acción que se executará na eventualidade de que se produza un erro.
Se selecciona «Deter» como acción, as entradas non válidas non son aceptadas e a cela retén o seu contido anterior.
Seleccione «Advertencia» ou «Información» para mostrar unha caixa de diálogo na que se poida cancelar ou aceptar a entrada.
Se selecciona «Macro», pode especificar que se execute unha macro no caso de que se produza un erro empregando o botón Explorar.
Para mostrar a mensaxe de erro seleccione Mostrar mensaxe de erro ao inserir valores non válidos.
Despois de cambiar a acción da cela na lapela Alerta de erro e de pechar a caixa de diálogo con Aceptar, hai que primeiro seleccionar outra cela antes de que o cambio sexa efectivo.