Cambiar a altura das filas ou a largura das columnas
Pode cambiar a altura das filas co rato ou a través da caixa de diálogo.
O que se describe aquí para as filas e a súa altura tamén é aplicábel para as columnas e a súa largura.
Empregar o rato para cambiar a algura dunha fila ou o largo dunha columna
-
Prema na área das cabeceiras no separador por debaixo da fila actual, manteña o botón do rato premido e arrastre para arriba ou para abaixo para cambiar a altura da fila.
-
Seleccione a altura óptima da fila premendo dúas veces no separador de debaixo da fila.
Empregar a caixa de diálogo para cambiar a altura da fila ou a largura da columna
-
Prema na fila para recibir o foco.
-
Inicie o menú de contexto na cabeceira do lado esquerdo.
Verá as ordes Altura de fila e Altura ideal de fila. Ao escoller calquera delas ábrese unha caixa de diálogo.