Aplicar operacións múltiplas
Operacións múltiplas en columnas ou filas
A orde fornece unha ferramenta de planificación para as preguntas «e se...?», ou sexa, hipotéticas. Na folla de cálculo introdúcese unha fórmula para calcular un resultado a partir de valores almacenados noutras celas. Despois configúrase un intervalo de celas no que introducir algúns valores fixos e a orde Operacións múltiplas calcula os resultados dependendo da fórmula.
No campo Fórmulas introduza a referencia de cela á fórmula que se aplica ao intervalo de datos. No campo Cela de entrada de fila/Cela de entrada de columna introduza a referencia da cela á cela correspondente que fai parte da fórmula. Isto explícase mellor con exemplos:
Exemplos
Vostede produce xoguetes que vende a 10 € cada un. Cada xoguete costa 2 € facelo, ademais de que hai custos fixos de 10.000 € por ano. Cantos beneficios se terán nun ano se se vende un número determinado de xoguetes?

Calcular con unha fórmula e unha variábel
-
Para calcular os beneficios introduza primeiro calquera número como cantidade (unidades vendidas), neste exemplo 2.000. Estes beneficios atópanse na fórmula Beneficios=Cantidade * (Prezo de venda - Custos directos) - Custos fixos. Introduza esta fórmula en B5.
-
Na columna D introduza as vendas anuais dadas, unha por debaixo da outra; por exemplo,500 a 5000 en intervalos de 500.
-
Seleccione o intervalo D2:E11 e deste xeito os valores da columna D e as celas baleiras ao longo da columna E.
-
Escolla Datos - Operacións múltiplas.
-
Co cursor no campo Fórmulas prema na cela B5.
-
Posicione o cursor no campo Cela de entrada de columna e prema na cela B4. Isto significa que B4, a cantidade, é a variábel na fórmula, que se substitúe polos valores da columna seleccionada.
-
Peche a caixa de diálogo con Aceptar. Verá os beneficios das diferentes cantidades na columna E.
Calcular con varias fórmulas simultaneamente
-
Elimine a columna E.
-
Introduza a fórmula seguinte en C5: B5 / B4. Agora está a calcular os beneficios anuais por unidade vendida.
-
Seleccione o intervalo D2:F11, ou sexa, tres columnas.
-
Escolla Datos - Operacións múltiplas.
-
Co cursor no campo Fórmulas, seleccione as celas da B5 á C5.
-
Coloque o cursor no campo Cela de entrada de columna e prema na cela B4.
-
Peche a caixa de diálogo con Aceptar. Verá os beneficios na columna e os beneficios anuais por unidade na columna F.
Operacións múltiplas en filas e columnas
O Collabora Office permite realizar operacións múltiplas conxuntas en columnas e filas nas denominadas táboas cruzadas. A cela coa fórmula tense que referir tanto ao intervalo de datos dispostos en filas como aos dispostos en filas. Seleccione o intervalo definido polos dous intervalos de datos e invoque a caixa de diálogo de operacións múltiplas. Introduza a referencia á fórmula no campo Fórmulas. Os campos Cela de entrada de fila e Cela de entrada de fila empréganse para introducir a referencia ás celas correspondentes da fórmula.
Calcular con dúas variábeis
Considere as columnas A e B da táboa de exemplo anterior. Agora desexa variar non só a cantidade producida anualmente mais tamén o prezo de venda e interésanlle os beneficios en cada caso.
Expanda a táboa anterior. De D2 a D11 están os números 500, 1000 etc., até o 5000. De E1 a H1 introduza os números 8, 10, 15 e 20.
-
Seleccione o intervalo D1:H11.
-
Escolla Datos - Operacións múltiplas.
-
Co cursor no campo Fórmulas prema na cela B5.
-
Coloque o cursor no campo Cela de entrada de fila e prema na cela B1. Isto significa que B1, o prezo de venda, é a variábel introducida horizontalmente (cos valores 8, 10, 15 e 20).
-
Coloque o cursor no campo Cela de entrada de columna e prema en B4. Isto significa que B4, a cantidade, é a variábel introducida verticalmente.
-
Peche a caixa de diálogo con Aceptar. Verá os beneficios dos distintos prezos de venda no intervalo E2:H11.