Introducir un número con ceros á esquerda
Existen varias maneiras de introducir enteiros que comecen por cero:
-
Introduza o número como texto. O xeito máis sinxelo consiste en introducir o número comezando cun apóstrofo (por exemplo, '0987). O apóstrofo non aparece na cela e o número formátase como texto. Polo feito de estar en formato de texto, porén, non se pode calcular con este número.
-
Formate unha cela cun formato numérico como, por exemplo \0000. Este formato pódese asignar no campo Código de formato na lapela Formato - Celas - Números e define a presentación na pantalla como «pór sempre un cero primeiro e despois o enteiro, con tres cifras no mínimo, e encher con ceros á esquerda se ten menos de tres díxitos».
Se desexa aplicar un formato numérico a unha columna de números en formato texto (por exemplo, o texto «000123» se converta no número «123»), faga o seguinte:
-
Seleccione a columna na que se atopan os díxitos en formato de texto. Estabeleza o formato de cela desa columna como «Número».
-
Escolla Editar — Localizar e substituír.
-
Na caixa de diálogo Atopar, introduza ^[0-9]
-
Na caixa de diálogo Substituír, introduza &
-
Marque Expresións regulares
-
Marque Só selección actual
-
Prema en Substituír todo