Gardar e abrir follas en HTML
Gardasr follas en HTML
O Calco do Collabora Office garda todas as follas dun documento xuntas como documento en HTML. No comezo do documento en HTML engade automaticamente unha cabeceira e unha lista de hiperligazóns que levan ás follas individuais do documento.
Os números móstranse como están escritos. Ademais, na etiqueta de HTML <SDVAL> escríbese o valor numérico interno exacto para que cando se abra o documento en HTML co Collabora Office vostede saiba que ten os valores exactos.
-
Para gardar o documento actual do Calc como HTML escolla Ficheiro - Gardar como.
-
Na caixa de lista Tipo de ficheiro, na área que inclúe os outros filtros do Calc do Collabora Office, escolla o tipo de ficheiro «Documento HTML (Calc do Collabora Office)».
-
Introduza un nome de ficheiro e prema Gardar.
Abrir follas de cálculo en HTML
O Collabora Office ofrece varios filtros para abrir ficheiros HTML que se poden seleccionar en Ficheiro - Abrir na caixa de lista Ficheiros de tipo:
-
Escolla o tipo de ficheiro «Documento HTML (Calc do Collabora Office)» para abrir no Calc do Collabora Office.
Todas as opcións do Calc do Collabora Office están agora dispoñíbeis. Porén, non todas as opcións que o Calc do Collabora Office ofrece poden ser gardadas no formato HTML.