Importar e exportar ficheiros de dBASE
Pode abrir e gardar datos no formato de ficheiro do dBASE (extensión de ficheiro *.dbf) no Base do Collabora Office ou nunha folla de cálculo. No Base do Collabora Office.
Para importar un ficheiro do dBASE a unha folla de cálculo
-
Escolla Ficheiro - Abrir.
-
Localice o ficheiro *.dbf que desexe importar.
-
Prema en Abrir.
Ábrese a caixa de diálogo Importar ficheiros do dBASE.
-
Prema en Aceptar.
O ficheiro do dBASE ábrese como nova folla de cálculo do Calc.
Se desexa gardar a folla de cálculo como ficheiro do dBASE non altere ou elimine a primeira fila do ficheiro importado. Esta fila contén información necesaria para base de datos dBASE.
Para importar un ficheiro do dBASE a unha táboa de base de datos
Unha táboa de base de datos do Base do Collabora Office é, realmente, unha ligazón a unha base de datos existente.
-
Escolla .
-
Na caixa de diálogo Nome de ficheiro da caixa de diálogo Gardar como, introduza un nome para a base de datos.
-
Prema en Gardar.
-
Na caixa de diálogo Base de datos da caixa de diálogo Propiedades da base de datos seleccione «dBASE».
-
Prema Seguinte.
-
Click Browse.
-
Localice o directorio que conteña o ficheiro de dBASE e prema Aceptar
-
Prema en Crear.
Para gardar unha folla de cálculo como ficheiro de dBASE
-
Escolla Ficheiro - Gardar como.
-
Na caixa de diálogo Formato de ficheiro seleccione «ficheiro do dBASE».
-
Na caixa de diálogo Nome de ficheiro escriba un nome para o ficheiro dBASE.
-
Prema en Gardar.
Só se exportan os datos da folla actual.