Referenciar unha cela doutra folla
Nunha cela dunha folla pode mostrar unha referencia a unha cela doutra folla.
Da mesma maneira, pódese facer unha referencia a unha cela desde outro documento sempre que ese documento xa fose gardado nun ficheiro.
Para referenciar unha cela do mesmo documento
-
Abra unha folla de cálculo nova baleira. Por omisión, só ten unha única folla chamada Folla1. Engada unha segunda folla premendo no botón + á esquerda da lapela da folla de abaixo (terá como nome Folla2 por omisión).
-
Como exemplo, introduza a fórmula seguinte na folla A1 da Folla1:
=Folla2.A1
-
Prema na lapela Folla 2 da parte inferior da folla de cálculo. Coloque o cursor na cela A1 e introduza un texto ou número.
-
Se volve para a Folla1, verá o mesmo contido na cela A1. Se o contido de Folla2A1 cambia, o contido de Folla1.A1 tamén cambia.
Ao referenciar unha folla cun nome que conteña espazos, empregue aspas simples arredor do nome: ='Folla con espazos no nome'.A1
O exemplo emprega a sintaxe de fórmulas do Calc. Tamén é posíbel empregar a sintaxe de fórmulas do Excel A1 ou R1C1; isto configúrase na Páxina de opcións de fórmula.
Para referenciar unha cela doutro documento
-
Escolla Ficheiro - Abrir para cargar un documento de folla de cálculo existente.
-
Escolla Ficheiro - Novo, para abrir un documento de folla de cálculo novo. Coloque o cursor na cela na que desexe inserir os datos externos e introduza un símbolo de igual para indicar que desexa comezar unha fórmula.
-
Pase entón ao documento que acaba de cargar. Prema na cela cos datos que desexa inserir no novo documento.
-
Volva de novo para a folla de cálculo nova. Na liña de entrada verá que o Calc do Collabora Office xa engadiu a referencia á fórmula.
A referencia a unha cela ou a outro documento contén o nome completamente cualificado do outro documento entre aspas simples (') seguido dun cancelo #, do nome da folla do outro documento, seguido dun punto e do nome ou referencia á cela.
Por exemplo, 'file:///C:/Usuarios/usuario/Documentos/Lista de prezos.ods'#$'Información SKU'.H51'file:///home/usuario/Documentos/Lista de prezos.ods'#$'Información SKU'.H51.
O URI da ruta e o nome do documento deben sempre estar entre aspas simples. Se o nome contén aspas simples (') hainas que escapar mediante dúas aspas simples (''). O nome dunha folla só pode ir sen aspas se non contén un espazo ou un carácter que funcione como operador ou se o nome é puramente numérico (por exemplo, «123» debe ir entre aspas).
-
Confirme a fórmula premendo na marca de comprobación verde.
-
Se arrastra a caixa do recanto inferior dereito da cela activa para seleccionar un intervalo de celas, o Collabora Office insire automaticamente as referencias correspondentes nas celas adxacentes. Como resultado, o nome da folla vai precedido dun signo «$» para designala como referencia absoluta.
Se examina o nome do outro documento desta fórmula, notará que está escrito en forma de URL. Isto significa que tamén pode introducir un URL da Internet.