Axuda do Collabora Office 24.04
O Calc pode simplificar a introdución de datos e valores en varias celas. Pódense alterar algunhas opcións para adaptalas ás súas preferencias.
Existen dúas funcionalidades que axudan a introducir un bloque de datos manualmente.
Na liña inmediatamente inferior a unha liña cun título pódese avanzar dunha cela para a seguinte coa tecla de tabulador. Despois de introducir o valor na última cela da fila actual, prema Intro. O Calc coloca o cursor debaixo da primeira cela do bloque actual.
Na fila 3 prema o tabulador para avanzar da cela B3 á C3, D3 e E3. Despois prema Intro para avanzar para B4.
Seleccione a área na que desexe introducir valores. Pode comezar a introducir valores na área seleccionada desde a posición do cursor. Prema na tecla Tab para avanzar para a cela seguinte ou Maiús + Tab para recuar. Nos bordos da área seleccionada, a tecla de tabulación salta para dentro da área seleccionada. Non sae da área seleccionada.
Seleccione a área de B3 a E7. Agora B3 agarda que introduza algo. Prema Tab para avanzar para a cela seguinte dentro da área seleccionada.
Consulte Encher automaticamente datos baseándose nas celas adxacentes.