Axuda do Collabora Office 24.04
Se desexa calcular diferenzas temporais, por exemplo o tempo entre as 23:30 e as 01:10 da mesma noite, empregue a fórmula seguinte:
=(B2<A2)+B2-A2
A hora máis recente é B2 e a anterior é A2. O resultado do exemplo é 01:40 ou unha hora e 40 minutos.
Na fórmula, un día enteiro de 24 horas ten o valor 1, e unha hora o valor 1/24. O valor lóxico entre parénteses é 0 ou 1, correspondendo a 0 ou 24 horas. A fórmula devolve automaticamente un resultado en formato tempo debido á secuencia dos operandos.