Definir cores ou imaxes de fondo

Pódese definir unha cor de fondo ou empregar unha imaxe como fondo para os intervalos de celas do Calc de Collabora Office.

Aplicar unha cor de fondo nunha folla de cálculo do Calc de Collabora Office.

  1. Seleccione as celas.

  2. Escolla Formato - Celas (ou Formatar celas no menú de contexto).

  3. Seleccione a cor de fondo na lapela Fondo.

Imaxes como fondo das celas

  1. Escolla Inserir - Imaxe - Dun ficheiro.

  2. Seleccione a imaxe e prema en Abrir.

    A gráfica insírese ancorada á cela activa. Pode mover e ampliar a gráfica como queira. No menú de contexto pode empregar a orde Dispor - No fondo para colocala no fondo. Para seleccionar unha gráfica que se colocase no fondo, empregue o Navegador.

Precisamos da súa axuda!