Axuda do Collabora Office 24.04
Por norma, o Collabora Office corrixe automaticamente moitos erros de escrita e tamén aplica formato mentres se escribe. Pódense desfacer inmediatamente os cambios que se fagan automaticamente con Command Ctrl+Z.
A seguir móstrase a maneira de desactivar e reactivar os cambios automáticos no Calc de Collabora Office:
Ao crear unha entrada nunha cela, Collabora Office Calc ofrece automaticamente a posibilidade de repetir o contido introducido noutra cela da mesma columna. Esta función coñécese como Entrada automática.
Para activar ou desactivar a entrada automática, seleccione ou retire a marca de selección colocada diante de Ferramentas - Entrada automática.
Collabora Office Calc converte automaticamente determinadas entradas en datas. Por exemplo, a entrada 1.1 pode interpretarse como 1 de xaneiro do ano actual, segundo a configuración local do seu sistema operativo. A data móstrase despois co formato de data aplicado á cela.
Para asegurarse de que a entrada sexa interpretada como texto, engada un apóstrofo no inicio da entrada. O apóstrofo non se visualizará na cela.
Escolla Ferramentas - Corrección automática - Opcións de corrección automática. Vaia á lapela Opcións rexionais e desmarque Substituír.
Escolla
. Vaia á lapela . Desmarque .Escolla
. Vaia á lapela . Seleccione o par de palabras e prema .