Axuda do Collabora Office 24.04
Pódense empregar celas con texto para se referir ás filas ou columnas que conteñen as celas.
Na folla de cálculo de exemplo pódese empregar a cadea «Columna Un» nunha fórmula para se referir ao intervalo de celas B3 a B5 ou «Columna dous» para o intervalo de celas C2 a C5. Tamén se pode empregar «Fila Un» para o intervalo de celas B3 a D3 ou «Fila dous» para o intervalo de celas B4 a D4. O resultado dunha fórmula que empregue un nome de cela, por exemplo SUMA('Columna un'), é 600.
Atopar etiquetas automaticamente é un recurso herdado e está desactivado por omisión, pois pode producir un comportamento non determinístico dependendo do contido real do documento. Para activar esta función, escolla Collabora Office - PreferenciasFerramentas - Opcións - Calc do Collabora Office - Calcular e marque a opción Atopar automaticamente etiquetas das columnas e das filas.
No canto diso, sempre é posíbel empregar etiquetas definidas e o comportamento é semellante mais de maneira definida.
Se vostede introduce un nome de etiqueta na fórmula, arrodee o nome de aspas simples ('). Se un nome ten unha aspa simple, haino de duplicar, por rexemplo, 'O'Cuberto'.