Axuda do Collabora Office 24.04
Insira unha función dun intervalo de celas na cela actual. A función pode ser Suma, Media, Mínimo, Máximo e Conta. Prema nunha cela, prema nesta icona, seleccione a función na lista despregábel e, opcionalmente, axuste o intervalo de celas. Ou seleccione algunhas celas nas que desexe inserir o valor da función e a seguir prema na icona. O resultado da función engádese por debaixo do intervalo.
Seleccionar función
O Collabora Office suxire automaticamente un intervalo de celas sempre que a folla de cálculo conteña datos. Se o intervalo de celas xa contén unha función, pódea combinar coa nova para obter a función aplicada aos datos do intervalo. Se o intervalo contiver filtros, insírese a función Subtotal no canto da función seleccionada.
Prema na icona Aceptar para empregar a fórmula que se mostra na liña de entrada ou en Cancelar.
Aceptar
Cancelar
Canto o intervalo seleccionado tiver dous ou máis filas, a función calcúlase para cada columna. Os resultados colócanse en celas baleiras da primeira fila dispoñíbel por embaixo do intervalo, un intervalo por columna.
Cando o intervalo seleccionado ten unha fila, o resultado da función colócase na primeira cela dispoñíbel á dereita do intervalo seleccionado.