Axuda do Collabora Office 24.04
Activa e desactiva o Navegador. O Navegador é unha xanela acoplábel.
Escolla Ver - Navegador para ver o Navegador.
Introduza a letra da columna. Prema Intro para recolocar o cursor de cela na columna indicada da mesma liña.
Introduza un número de fila. Prema Intro para recolocar o cursor da cela na fila indicada da mesma columna.
Indica o intervalo de datos actual indicado pola posición do cursor de celas.
Intervalo de datos
Move a cela para o comezo do intervalo de datas actual, que é posíbel realzar empregando o botón Intervalo de datos.
Inicio
Move a cela para a fin do intervalo de datas actual, que é posíbel realzar empregando o botón Intervalo de datos.
Fin
Alterna a vista do contido. Só se mostran o elemento seleccionado no Navegador e os seus subelementos. Prema na icona de novo para restaurar a vista de todos os elementos.
Alternar
Mostra todos os escenarios dispoñíbeis. Prema dúas veces no nome dun escenario para aplicalo. O resultado aparece na folla. Para máis información, escolla Ferramentas - Escenarios.
Escenarios
Se se mostran escenarios no Navegador, premendo co botón dereito do rato nunha entrada de escenario pode acceder ás seguintes ordes:
Elimina o escenario seleccionado.
Abre ca caixa de diálogo Editar escenario, na que pode editar as propiedades do escenario.
Abre un submenú para seleccionar o modo de arrastre. Pode decidir que acción se realiza ao arrastrar e soltar un obxecto desde o Navegador para o documento. Dependendo do modo seleccionado, a icona indica se se crea unha hiperligazón, unha ligazón ou unha copia.
Modo arrastrar
Insire unha hiperligazón ao arrastrar e soltar un obxecto desde o Navegador para un documento. Posteriormente, pódese premer na hiperligazón creada para definir o cursor e a vista do obxecto respectivo.
Se insire unha hiperligazón ligada a un documento aberto, garde o documento antes de usala.
Crea unha ligazón ao arrastrar e soltar un obxecto desde o Navegador para un documento.
Xera unha copia ao arrastrar e soltar un obxecto desde o Navegador para o documento.
Mostra todos os obxectos do documento.
Mostra os nomes de todos os documentos abertos. Para pasar a outro documento aberto no navegador prema no nome do documento. O estado do documento (activo, inactivo) móstrase entre parénteses a continuación do nome. Pode alternar de documento activo no menú Xanela.