Axuda do Collabora Office 24.04
The Macro Toolbar contains commands to create, edit, and run macros.
Seleccione a biblioteca que desexa editar. O primeiro módulo da biblioteca que seleccione móstrase no IDE de Basic.
Compila a macro de Basic. É necesario compilar unha macro despois de modificala, ou se a macro utiliza pasos únicos ou de procedemento.
Prema nesta icona para visualizar as variábeis dunha macro. O contido da variábel móstrase nunha xanela á parte.
Realza o texto que está entre dúas parénteses. Sitúe o cursor de texto diante dunha paréntese de abertura ou peche e prema nesta icona.
Chama por un diálogo «Abrir» para importar un ficheiro de diálogo en BASIC.
Se o diálogo importado tiver un nome xa existente na biblioteca, vese unha caixa de mensaxes na que se pode decidir renomear o diálogo importado. Neste caso, o diálogo recibe o nome do seguinte nome «automático» libre ao crear un diálogo novo. Ou tamén se pode substituír o diálogo existente co diálogo importado. Se se preme Cancelar, non se imprime o diálogo.
Os diálogos poden conter datos de localización. Ao importar un diálogo pódese producir unha discrepancia do estado de localización do diálogo.
Se a biblioteca contén idiomas adicionais comparado co diálogo importado, ou se o diálogo importando non estiver localizado, os idiomas adicionais son engadidos silenciosamente ao diálogo importado empregando as cadeas da localización por omisión do diálogo.
Se o diálogo importado contén idiomas adicionais comparados coa biblioteca, ou se non é posíbel localizar a biblioteca, vese unha caixa de mensaxe cos botóns Engadir, Omitir e Cancelar.
Engadir: Os idiomas adicionais do diálogo importado engadiranse ao diálogo existente. Empregaranse os recursos do idioma predefinido da biblioteca para os idiomas novos. É o mesmo que se se engadisen estes idiomas manualmente.
Omitir: As opcións de idioma da biblioteca permanecen inalteradas. Os recursos do diálogo importado dos idiomas omitidos non se copian na biblioteca, senón que fican nos ficheiros de orixe do diálogo importado.
No editor de diálogos, esta orde chama o diálogo «Gardar como» para exportar o diálogo BASIC atual.