Axuda do Collabora Office 24.04
As seguintes instrucións controlan a execución dun programa.
Normalmente os programas execútanse desde a primeira á última liña de código. É posíbel executar certos procedementos dentro do programa de acordo con condicións específicas ou repetir unha sección do programa dentro dun subprocedemento ou función. Pode usar lazos para repetir partes dun programa tantas veces como sexa necesario ou ata que se atenda unha certa condición. Este tipo de instrucións de control clasifícanse como instrucións Condición, Lazo ou Salto.