Axuda do Collabora Office 24.04
Prema nesta icona para visualizar as variábeis dunha macro. O contido da variábel móstrase nunha xanela á parte.
Prema no nome dunha variábel para seleccionala e, a continuación, prema na icona Activar monitorización. O valor atribuído á variábel móstrase ao lado do seu nome. Ese valor actualízase constantemente.
Activar monitorización
Para eliminar a monitorización de variábel, seleccione a variábel na xanela Monitorización e, a seguir, prema a icona Eliminar Monitorización.