Axuda do Collabora Office 24.04
Abre a caixa de diálogo Macro, naque se poden crear, editar, organizar e executar macros no Basic de Collabora Office.
Mostra o nome da macro seleccionada. Para crear ou modificar o nome dunha macro, introduza aquí un nome.
Mostra as bibliotecas e módulos nos cales pode abrir ou gardar as súas macros. Para gardar unha macro cun documento específico, abra o documento e, a continuación, abra esta caixa de diálogo.
Executa ou garda a macro actual.
Abre a caixa de diálogo Personalizar, onde pode atribuír a macro seleccionada a unha orde de menú, unha barra de ferramentas ou a un evento.
Inicia o editor de Basic de Collabora Office e abre a macro seleccionada para editala.
Crea unha macro nova ou elimina a que estea seleccionada.
Para crear unha nova macro, seleccione o módulo "Estándar" na lista Macro de e, a seguir, prema Novo.
Para eliminar unha macro selecciónea e prema en Eliminar.
Abre a caixa de diálogo Organizador de macros, onde pode engadir, editar ou eliminar calquera módulo, caixa de diálogo ou biblioteca de macro existente.
Mostra as macros e caixas de diálogo existentes.
Pode arrastrar e soltar un módulo ou unha caixa de diálogo das bibliotecas.
Para copiar un diálogo ou un módulo, manteña presionada a tecla
mentres realiza arrastrar e soltar.Abre a macro ou caixa de diálogo seleccionada para a súa edición.
Crea un novo módulo.
Crea un diálogo novo.
Permite xestionar as bibliotecas de macros.
Seleccione a localización das bibliotecas de macros que desexa organizar.
Mostra as bibliotecas de macros da localización escollida.
Abre o editor de Collabora Office Basic para modificar a biblioteca seleccionada.
Atribúe ou edita o contrasinal da biblioteca seleccionada. As bibliotecas "Estándar" non poden ter contrasinal.
Crea unha biblioteca.
Introduza un nome para o novo módulo, caixa de diálogo ou biblioteca.
Localice a biblioteca deo Basic de Collabora Office que desexa engadir á lista actual e, a continuación, prema en Abrir.