Índice, índice analítico ou bibliografía
Insire un índice analítico ou un índice na posición actual do cursor Para editar un índice analítico ou un índice , coloque o cursor no índice ou táboa de contidos, e a seguir escollaInserir - Índice e índice analítico - Índice, índice analítico ou bibliografía.
Nesta caixa de diálogo tamén pode previsualizar o índice ou táboa.
Dependendo do tipo de índice ou táboa que seleccione, están presentes os seguintes separadores.
Utilice este separador para especificar o deseño de columna para o índice ou táboa. De forma predefinida, o título do índice posúe a largura dunha columna e comeza na marxe esquerda da páxina.