Datos de usuario
Empregue esta lapela para introducir ou editar datos de usuario. Pode que algúns datos xa fosen introducidos polo usuario ou pola administración do sistema ao instalar o Collabora Office.
Os modelos e asistentes de Collabora Office usan os datos de usuario. Por exemplo, os campos de datos "Nome" e "Apelidos" úsanse nos novos documentos para encher automaticamente o campo de autor. Isto pode apreciarse en Ficheiro - Propiedades.
Algúns datos inclúense automaticamente nun dicionario interno para que o verificador ortográfico os recoñeza. O programa pode utilizar eses datos para suxerir substitucións cando se produzan erros de escrita. Calquera modificación realizada nos datos só terá efecto tras reiniciar Collabora Office.
Os datos do usuario tamén se empregan ao comentar e no modo de seguimento de cambios para identificar o autor de comentarios/edicións; e para marcar a última posición de edición nun documento para que cando o autor abra o documento máis tarde este se abra na última posición editada.
Enderezo
Utilice o campo Enderezopara introducir e editar os seus datos persoais de usuario.
Empresa
Introduza o nome da súa empresa neste campo.
Nome
Introduza o seu nome.
Apelidos
Introduza o seu apelido.
Iniciais
Introduza as súas iniciais.
Rúa
Introduza o nome da súa empresa neste campo.
CP
Introduza o seu código postal neste campo.
Cidade
Introduza a cidade na que vive.
País
Introduza o seu país.
Estado
Introduza o estado ou comunidade autónoma.
Título
Introduza o seu título neste campo.
Posición
Introduza o seu cargo na empresa neste campo.
Tel. (Privado)
Introduza o seu número de teléfono privado neste campo.
Tel. (Empresa)
Introduza o seu número do traballo neste campo.
Fax
Introduza o seu número de fax neste campo.
Correo electrónico
Introduza o seu enderezo de correo electrónico. Por exemplo, rosalia.castro@exemplo.gal
ODF Cryptography
Indique a chave pública preferida para o cifrado con OpenPGP e sinatura dixital. Estas chaves preferidas serán preseleccionadas na caixa de diálogo de selección de chaves cada vez que asine ou cifre un documento para non as ter que seleccionar manualmente ao asinar cunha chave determinada con frecuencia.
Chave de asinado OpenPGP
Seleccione a súa chave OpenPGP da lista despregábel para asinar documentos ODF.
Chave de cifraxe OpenPGP
Seleccione a súa chave OpenPGP da lista despregábel para asinar documentos ODF.
Ao cifrar documentos, cifrar sempre para min
Marque esta opción para cifrar tamén o ficheiro coa súa chave pública, de xeito que poida abrir o documento coa súa chave privada.
Manteña esta opción seleccionada se desexa poder descifrar documentos que teña cifrado para outras persoas.