Abrir
Abre un ficheiro local ou remoto. É posíbel abrir varios ficheiros.
As caixas de diálogo de ficheiros - como , e semellantes - están dispoñíbeis de dous xeitos distintos:
Como caixas de diálogo do selector de ficheiros nativo do xestor de xanelas do sistema operativo.
Como caixas de diálogo de selector de ficheiros integradas no Collabora Office.
Empregue - - para trocar entre unhas e outras.
Se o ficheiro que desexa abrir contén estilos, aplícanse regras especiais.
Selección de cartafoles
Escolla o seu cartafol preferido na lista despregábel ou escriba o nome da súa ruta. Pódese empregar a función Autocompletar para facilitar a escrita.
Conéctese a un servidor empregando a caixa de diálogo Servizos de ficheiro.
Seleccione un cartafol pai na ruta do cartafol con .
Engada un subcartafol ao cartafol actual con .
Lugares e ficheiros
Engada o cartafol actual aos seus lugares favoritos empregando . Retire un lugar seleccionado da lista con .
Mostra os ficheiros e cartafoles no cartafol no que esteas. Prema as cabeceiras de columna para ordenar nomes de ficheiro, tipos, tamaños ou datas en orde ascendente ou descendente.
Para abrir máis de un documento ao mesmo tempo, cada un na súa propia xanela, manteña premido ao tempo que preme nos ficheiros e despois prema .
Os diálogos dos ficheiros de ficheiros modernos presentan moitas funcionalidades para manipular os ficheiros. A maioría permite renomear, eliminar e crear ficheiros, ordenar listas de ficheiros, mostrar ficheiros e cartafoles en vista de iconas, árbore ou lista, navegar pola árbore de cartafoles do sistema de ficheiros e moito máis. Empregue o botón dereito do rato para obter unha lista de ordes sobre os ficheiros seleccionados na área de visualización.
Nome de ficheiro
Introduza un nome de ficheiro ou unha ruta até o ficheiro.
No diálogo están dispoñíbeis as funcionalidades seguintes:
Tipo de ficheiro
Seleccione o tipo que desexe abrir ou seleccione Todos os ficheiros (*) para mostrar unha lista de todos os ficheiros do cartafol.
Versión
Se hai varias versións do ficheiro seleccionado, seleccione a versión que desexe abrir. Pode gardar e organizar varias versións dun documento escollendo Ficheiro - Versións. As versións dun documento ábrense en modo que só permite a lectura.
Só de lectura
Abre o ficheiro en modo que só permite a lectura.
Abrir
Abre o(s) documento(s) seleccionado(s).
Abrir documentos con modelos
Ao abrir un documento creado cun modelo pegañento o Collabora Office comproba se o modelo foi modificando desde a última vez que se abriu o documento. Se o modelo foi cambiado, mostra unha caixa de diálogo na que se pode seleccionar que estilos se aplican ao documento.
-
Para aplicar os novos estilos do modelo ao documento prema en .
-
Para reter os estilos en uso no documento prema en .
O Collabora Office recoñece modelos situados en calquera dos directorios indicados para os Modelos en .
Se un documento foi creado utilizando un modelo que non é posíbel atopar, aparece unha caixa de diálogo que pregunta como proceder a próxima vez que se abra o documento.
Para quebrar a ligazón entre o documento e o modelo ausente prema en ; caso contrario, Collabora Office busca o modelo a seguinte vez que se abra o documento.
Ao empregar e seleccionar un filtro de modelo para gravar un modelo nun directorio dos que non están indicados na ruta de Modelos, os documentos baseados nese modelo non se comproban.