Crear gráficas dinámicas
Para crear unha gráfica dinámica proceda como se indica:
-
Prema dentro da táboa dinámica que desexa mostrar na gráfica.
-
Escolla Inserir – Gráfica ou prema na icona
Inserir gráfica icon da barra de ferramentas principal.
O Calc do Collabora Office detecta automaticamente a táboa dinámica e abre o asistente de gráficas dinámicas.
-
Seleccione o tipo de gráfica para os datos no asistente de gráficas.
As páxinas do intervalo de datos e da serie de datos do asistente de gráficas non están dispoñíbeis. Están controladas pola táboa dinámica.
-
Seleccione os elementos da gráfica da táboa dinámica no asistente.
-
Prema Aceptar para pechar o asistente e crear a gráfica dinámica.