Aplicar formato automático a un intervalo de celas seleccionado
Empregue a funcionalidade de formato automático para aplicar un formato rapidamente a un intervalo de celas seleccionado.
Aplicar Formato automático a un intervalo de celas seleccionado
-
Seleccione o intervalo de celas ao que desexa aplicar o estilo de formato automático. O intervalo debe ter un mínimo de tres columnas e tres filas de tamaño.
-
Vaia a para abrir a caixa de diálogo Formato automático.
-
Na lista Formato escolla o estilo de formato automático que desexe aplicar.
-
Na sección Formato escolla as propiedades do estilo de formato automático que aplicar ao intervalo de celas seleccionado.
-
Prema en Aceptar para aplicar o estilo de formato automático e pechar a caixa de diálogo.
No caso de que a cor do contido da cela non cambie, comprobe que estea desactivado.
Definir un estilo de formato automático novo
-
Nunha folla de cálculo do Calc, formate un intervalo de celas cun mínimo de 4 columnas e 4 filas para que servan como modelo para crear o novo estilo de formato automático.
-
Seleccione o intervalo de celas formatado no paso anterior e vaia a .
-
Prema en Engadir.
-
Na opción Nome da caixa de diálogo Engadir formato automático, introduza un nome para o formato novo.
-
Prema en Aceptar e peche a caixa de diálogo.
Os estilos de formato automático novos creados empregado os pasos anteriores pódense aplicar a calquera ficheiro do Calc do Collabora Office. Por tanto, non están limitados ao ficheiro no que se creou o estilo.