Barra de macros
The Macro Toolbar contains commands to create, edit, and run macros.
Biblioteca
Seleccione a biblioteca que desexa editar. O primeiro módulo da biblioteca que seleccione móstrase no IDE de BASIC.
Compilar
Compila a macro de BASIC. É necesario compilar unha macro despois de modificala, ou se a macro utiliza pasos únicos ou de procedemento.
Activar monitorización
Prema nesta icona para visualizar as variábeis dunha macro. O contido da variábel móstrase nunha xanela á parte.
Localizar parénteses
Realza o texto que está entre dúas parénteses. Sitúe o cursor de texto diante dunha paréntese de abertura ou peche e prema nesta icona.
Diálogo de exportación
No editor de diálogos, esta orde chama o diálogo «Gardar como» para exportar o diálogo BASIC atual.
