Creación de caixas de diálogo en BASIC
-
Seleccione Ferramentas - Macros - Organizar diálogos, e prema en Novo.
-
Introduza o nome da caixa de diálogo e prema en Aceptar. Para cambiar o nome da caixa despois, prema co botón dereito do rato no nome da lapela e seleccione Renomear.
-
Prema Editar. O editor de caixas de diálogo de BASIC abre unha caixa en branco.
-
Se non ve a barra Caixa de ferramentas, prema na frecha que hai a carón da icona Inserir controis para abrir a barra Caixa de ferramentas.
-
Prema nunha ferramenta e arrástrea ata a caixa de diálogo para crear o control.