Axuda do Collabora Office 21.06
Using Customize Toolbar, you can add the Ellipse icon which opens the Legacy Circles and Ovals toolbar.
Debuxa unha forma oval chea no lugar onde arrastre o apuntador. Prema no lugar onde desexe debuxar a forma oval e arrastre ata atinxir o tamaño desexado. Para debuxar un círculo, manteña premida a tecla Maiús mentres arrastra.
Elipse
Debuxa un círculo cheo ao arrastrar no documento. Prema no lugar onde quere debuxar o círculo arrastre ata conseguir o tamaño desexado. Para debuxar unha elipse, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.
Círculo
Debuxa unha forma chea e definida polo arco dunha forma oval e dúas liñas de raio no documento. Para debuxar un sector elíptico, arrastre unha forma oval ata conseguir o tamaño desexado e despois prema para definir a primeira liña de raio. Mova o apuntador ata o lugar en que quere colocar a segunda liña de raio e prema. Non é preciso premer na forma oval. Para debuxar un sector circular, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.
Sector elíptico
Debuxa unha forma chea, definida polo arco dun círculo e dúas liñas de raio no documento actual. Para debuxar un sector de círculo, arrastre un círculo ata conseguir o tamaño desexado e despois prema para definir a primeira liña de raio. Mova o apuntador ata o lugar en que quere colocar a segunda liña de raio e prema. Non é necesario premer no círculo. Para debuxar un sector elíptico, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.
Sector circular
Debuxa unha forma chea, definida no documento polo arco dun ovalo e unha liña de diámetro. Para debuxar un segmento elíptico, arrastre unha elipse até conseguir o tamaño desexado e despois prema para definir o punto inicial da liña de diámetro. Mova o punteiro até o lugar onde queira colocar o punto final da liña de diámetro e prema. Non é preciso premer no círculo. Para debuxar un segmento de circunferencia, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar o punteiro do rato.
Segmento elíptico
Debuxa unha forma chea, definida no documento polo arco dun círculo e unha liña de diámetro. Para debuxar un segmento circular, arrastre un círculo ata conseguir o tamaño desexado e despois prema para definir o punto inicial da liña de dámetro. Mova o apuntador ata o lugar onde queira colocar o punto final da liña de diámetro e prema. Non é preciso premer no círculo. Para debuxar un segmento elíptico, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar o apuntador do rato.
Segmento circular
Debuxa unha forma oval baleira ao arrastrar o apuntador no documento. Prema no lugar onde desexa arrastrar a forma oval e arrastre ata obter o tamaño desexado. Para debuxar un círculo, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.
Elipse, sen enchedura
Debuxa un círculo baleiro ao arrastrar o apuntador no documento actual. Prema no lugar onde quere debuxar o círculo e arrastre ata obter o tamaño desexado. Para debuxar unha elipse, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.
Círculo, sen enchedura
Debuxa no documento unha forma baleira, definida polo arco dunha forma oval e dúas liñas de raio. Para debuxar un sector elíptico, arrastre a forma oval ata conseguir o tamaño desexado e prema despois para definir a primeira liña de raio. Mova o apuntador ata o lugar en que desexa colocar a segunda liña de raio e prema. Non é preciso premer na forma oval. Para debuxar un segmento circular, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.
Sector elíptico, sen enchedura
Debuxa no documento unha forma baleira, definida polo arco dun círculo e dúas liñas de raio no documento actual. Para debuxar un sector circular, arrastre un círculo ata conseguir o tamaño desexado e prema despois para definir a primeira liña de raio. Mova o apuntador ata o lugar en que quere colocar a segunda liña de raio e prema. Non é preciso premer no círculo. Para debuxar un sector elíptico, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.
Sector circular, sen enchedura
Debuxa unha forma baleira, definida no documento polo arco dun ovalo e unha liña de diámetro. Para debuxar un segmento de elipse, arrastre unha elipse até conseguir o tamaño desexado e despois prema para definir o punto inicial da liña de diámetro. Mova o punteiro até o lugar onde queira colocar o punto final da liña de diámetro e prema. Non é preciso premer na elipse. Para debuxar un segmento de circunferencia, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar o punteiro do rato.
Segmento elíptico, sen enchedura
Debuxa no documento unha forma baleira, definida polo arco dun círculo e unha liña de diámetro. Para debuxar un segmento circular, arrastre un círculo ata conseguir o tamaño desexado e prema para definir o punto inicial da liña de diámetro. Mova o apuntador ata o lugar onde vai colocar a liña de diámetro e prema. Non é necesario premer no círculo. Para debuxar un segmento elíptico, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.
Segmento circular, sen enchedura
Debuxa un arco no documento. Para debuxar un arco, arrastre a forma oval ata conseguir o tamaño desexado e a seguir prema para definir o punto inicial do arco. Mova o apuntador ata o lugar en que vai colocar o extremo do arco e prema. Non é necesario premer na forma oval. Para debuxar un arco circular, manteña premida a tecla Maiús mentres arrastra o apuntador.
Arco
Debuxa un arco con base nun círculo no documento. Para debuxar un arco, arrastre un círculo até conseguir o tamaño desexado e a seguir prema para definir o punto inicial do arco. Mova o punteiro até o lugar en que vai colocar o extremo do arco e prema. Non é necesario premer na forma oval. Para debuxar un arco con base nunha elipse, manteña premida a tecla Maiús mentres arrastra o apuntador.
Arco circular