Axuda do Collabora Office 21.06
Define as opcións que permiten que as persoas con problemas de visión, coordinación, ou outras deficiencias, accedan con máis facilidade aos programas de Collabora Office.
Define as opcións de accesibilidade.
Permite usar ferramentas tecnolóxicas adaptadas para persoas con discapacidades, como lectores de pantalla externos, dispositivos Braille ou de recoñecemento de voz. Para poder activalas é necesario que o JRE (contorno de execución Java) estea instalado no seu computador.
Mostra o cursor en documentos só de lectura.
Previsualiza imaxes animadas, como as imaxes GIF, en Collabora Office.
Previsualiza texto animado, como o que pestanexa e se despraza, en Collabora Office.
O alto contraste é unha configuración do sistema operativo que cambia o esquema de cores para mellorar a lexibilidade. Pode decidir como quere que use Collabora Office esa configuración.
Os bordos e sombras das celas móstranse sempre na cor do texto cando o modo alto contraste está activo. Neste caso ignórase a cor do fondo da cela.
Cambia Collabora Office ao modo alto contraste cando a cor do fondo do sistema é moi escura.
Mostra os tipos de letra en Collabora Office usando a configuración de cor do sistema. Esta opción afecta só á presentación en pantalla.
Aplica a configuración de alto contraste do sistema operativo ás previsualizacións de páxina.