Axuda do Collabora Office 21.06
O menú da Axuda permite iniciar e controlar o sistema da Axuda de Collabora Office.
Abre a páxina principal da Axuda de Collabora Office do aplicativo que está a ser usado nese momento. Desprácese a través das páxinas da Axuda e busque termos do índice ou outro texto.
Axuda do Collabora Office
Abre a páxina de documentación no navegador web, desde onde os usuarios poden descargar, ler ou comprar guías de usuarios do Collabora Office escritas pola comunidade.
Abre a páxina de asistencia da comunidade no navegador web. Use esta páxina para preguntar sobre como usar Collabora Office. Para obter asistencia profesional cun acordo sobre o nivel de servizo consulte a páxina de asistencia profesional de Collabora Office.
Abrir un formulario para enviar comentarios no navegador web no que os usuarios poden informar de fallos do software.
O modo seguro é un modo no que Collabora Office inicia temporalment empregando un perfil de usuario novo e desactiva a aceleración por hardware. Este modo axuda a restaurar unha instancia bloqueada de Collabora Office.
Amosa o cadro de diálogo da licenza e da información legal.
Amosa o documento CREDITS.odt no que se inclúe a lista cos nomes dos colaboradores que contribuíron no código fonte de OpenOffice.org (e con contribucións importadas a LibreOffice) ou a LibreOffice desde 28-09-2010.
Permitir unha conexión á Internet para Collabora Office. Se precisa dun proxy, prema a configuración de proxy do Collabora Office en Collabora Office - PreferenciasFerramentas - Opcións - Internet. Alí, escolla Comprobar se hai actualizacións para comprobar a existencia dunha versión máis nova desta suite de ofimática.
Mostra información xeral sobre o programa, como o número de versión e os copyrights.